Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Xefes de Corpo e Mandos de Policía Local de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 24 de marzo de 2017, a modificación do logotipo, que pasa a ser Axempol; o título dos estatutos, que pasa a ser «Estatutos polos cales se rexe a Asociación de Xefes de Corpo e Mandos de Policía Local de Galicia»; o artigo 1 «Denominación e lexislación» e o artigo 6 «Fins» dos estatutos da Asociación de Xefes de Corpo e Mandos de Policía Local de Galicia, co número 72-271-1992.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderanse afiliar á asociación os xefes de corpo e mandos da policía local que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial galego e que reúnan as condicións profesionais a que se refire o artigo 2, coa condición de observar estes estatutos.

Asinantes: José Manuel Rico Rodríguez (secretario) e José Antonio Brandariz Castelo (presidente).

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego