Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2009/436-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideren practicar se farán por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a notificación queda condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles de que, de non interporen recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non o faceren así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 28 de abril de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2009/436-1.

Acta inf. nº: I152009000102383.

Empresa: Cerceda Estructuras Metálicas, S.A.

NIF: A15654346.

Concello: Cerceda (A Coruña).

Materia: seguridade e saúde.

Data da resolución: 17 de abril de 2017.

2. Expediente: RL 2016/532-1.

Acta inf. nº: I152016000102030.

Empresa: Pedro Ángel Bermúdez Iglesias.

NIF: 76367395N.

Concello: Ordes (A Coruña)

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 5 de abril de 2017.

3. Expediente: RL 2016/555-1.

Acta inf. nº: I152016000111730.

Empresa: Raquel Armesto Rodríguez.

NIF: 32841566G.

Concello: Oleiros (A Coruña)

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 23 de marzo de 2017.