Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22598

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (46/2017).

Eu, Myriam de Mata Schick, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal nº 46/2017, seguido por instancia de Millennium Insurance Company, Ltd. fronte a Empresas Reunidas en Obra Civil, Edificación y Prestación de Servicios del Deza, S.L., se ditou sentenza, cuxa resolución ten o teor literal seguinte:

Sentenza.

Lalín, 30 de marzo de 2017.

Xuíz: Gonzalo Sans Besada

Demandante: Millennium Insurance Company, Ltd.

Procurador: José Antonio Fandiño Carnero

Letrado: Francisco José Bolinches Palomo

Demandadas: Empresas Reunidas en Obra Civil, Edificación y Prestación de Servicios del Deza, S.L. (ERCODEZA), declarada en situación de rebeldía procesual

Obxecto: reclamación de cantidade. Acción de reembolso

Resolución:

Estimo substancialmente a demanda presentada por Millennium Insurance Company, Ltd. fronte a Empresas Reunidas en Obra Civil, Edificación y Prestación de Servicios del Deza, S.L. (ERCODEZA) e, en consecuencia, condeno a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 2.674,78 euros máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda, así como ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Esta sentenza é firme.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín.

E ao estar a dita demandada, Empresas Reunidas en Obra Civil, Edificación y Prestación de Servicios del Deza, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 30 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza