Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22597

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

EDICTO (715/2016).

María Luisa Represa Garazo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo, fai saber que neste xulgado se segue o procedemento de referencia, no cal se ditou sentenza cuxa resolución é do seguinte teor:

«Resolución:

Que, estimando en parte a demanda formulada en autos de xuízo verbal nº 715/2016, polo procurador Francisco Javier Toucedo Rey, en nome e representación de Banco Cetelem, S.A., contra Francisco Juan Merchán Rosende, sobre incumprimento de contrato, debo condenar e condeno o demandado a lle aboar á demandante a cantidade de mil oitocentos corenta e dous euros con once céntimos (1.842,11 €). Cada parte deberá aboar as custas procesuais causadas e as comúns por metade.

Contra a presente resolución non cabe interpor ningún recurso, de conformidade co disposto no artigo 455.1 da LAC.

Únase esta resolución ao libro da súa clase, déixese nos autos testemuño dela e notifíquese ás partes.

Así, por esta miña sentenza, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, en Vigo o 16 de xaneiro de 2017».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Juan Merchán Rosende, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 31 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza