Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2016/136-2, 8445 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Building Center, S.A.U.

Domicilio social: rúa Provencals, 35, 08019 Barcelona.

Denominación: instalación eléctrica de alta tensión para centro de transformación 250 kVA, liña soterrada de media tensión e liña soterrada de baixa tensión para edificio de sesenta vivendas na rúa San Pedro, nº 45-53.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

1. LMTS a 20 kV con orixe na LMT soterrada MOF810, entra e sae no CT proxectado, cunha lonxitude proxectada de 32 metros en condutor tipo RHZ1-240.

2. CT compacto en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia proxectada de 250 kVA.

3. Liña soterrada de baixa tensión con orixe no CT proxectado e final na CXP do portal E, cunha lonxitude de 17 metros en condutor tipo XZ1.

4. Liña soterrada de baixa tensión con orixe no CT proxectado e final na CXP do portal W, cunha lonxitude de 38 metros en condutor tipo XZ1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro), e do Decreto 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolvo:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 9 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo