Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Lugo e Castro de Rei (expediente IN407A 2016/70-2, 8379 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras; rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: repotenciación da LAT 132 kV sub. Ludrio-sub. O Ceao entre os apoios 52 e 103 mediante a substitución do condutor de fase.

Situación: concellos de Lugo e Castro de Rei.

Características técnicas:

1. Substitución do condutor existente na liña sub. Ludrio-sub. O Ceao, con orixe no apoio P-52 e final no apoio P-103, actualmente a liña está formada por un circuíto simplex de condutor tipo LA-110, cunha capacidade de transporte de 70 MVA e substitúese por outro circuíto simplex cun novo condutor tipo ACSS TW AW 133/22 Partridgel, cunha nova capacidade de transporte de 140 MVA, cunha lonxitude de 13.772 metros.

2. Reforzo mecánico dos apoios número 55, 69, 84, 95, 96, 97 e 103 para resistir as novas cargas solicitadas, consistente no reforzo dos armados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 8 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo