Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.
Denominación: recuamento LMT PRS803-tramo entre CR A Barrela (27CD92) e CT Vilar de Mulleres (27AD36) por execución autovía Ourense-Lugo (A-56).
Situación: concello de Carballedo.
Características técnicas:
Modificación no p.q. 7+150 da traza da autovía A-56.
Liña de media tensión aérea a 20 kV PRS803 tramo entre centro de repartición A Barrela (27CD92) e centro de transformación Vilar de Mulleres (27AD36) con orixe na celosía metálica proxectada no expediente 8451-AT tipo C FL 16/3000 e final no apoio metálico proxectado nº B8 tipo C A-AG-18/3000, cunha lonxitude de 316 metros en condutor tipo LA-56; reténsase o van entre o apoio B8 proxectado e o B9 existente.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro), e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Lugo, 7 de abril de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo