Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: LMT e CT Osebe.
Situación: Leiro.
Características técnicas:
LMT subterránea a 20 kV de 102 m de lonxitude, con condutor RHZ1 3 (1×95) Al con orixe no apoio nº 54 da LMT ALB804-Cabanelas 4, con PAS, e remate no CT fin de liña rural, formigón manobra exterior proxectado de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
Orzamento: 41.244,90 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Ourense, 11 de abril de 2017
O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015; artigo 62.3)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial