Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de abril de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-300. Vilariño-Polígono do Salnés (punto quilométrico 9+310-10+270) (clave PO/16/062.06), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a «Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia». Os obxectivos da dita estratexia son o desenvolvemento duns sistemas de transporte alternativos que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o ambiente, e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 7 de marzo de 2016 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na «Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia», o documento de «Fomento da mobilidade sustentable: sendas peonís e/ou ciclistas na Comarca do Salnés e concellos limítrofes», onde unha das sendas propostas é un itinerario peonil e ciclista na PO-300, que agora se está a desenvolver mediante o proxecto construtivo: «Itinerario peonil e ciclista na PO-300. Vilariño-Polígono do Salnés. p.q. 9+310-10+270», de clave: PO/16/062.06.

A Axencia Galega de Infraestruturas por Resolución do 15 de decembro de 2016 resolve aprobar provisionalmente o proxecto de construción: «Itinerario peonil e ciclista na PO-300. Treito: Vilariño-Polígono do Salnés. p.q. 9+310-10+270», de clave: PO/16/062.06.

Este proxecto ten por obxecto a creación dunha senda compartida (peonil e ciclista), no treito da estrada PO-300 que se inicia no treito urbano do núcleo de Sameiro (Cambados), atravesando polo concello de Ribadumia, e rematando no último treito no concello de Cambados onde se enlaza coas beirarrúas existentes; creando un itinerario continuo e seguro que potenciará a mobilidade a pé ou en bicicleta en detrimento do vehículo a motor e mellorará, de xeito colateral, a seguridade viaria na circulación de peóns e ciclistas, que na actualidade non dispoñen de carril específico e circulan pola beiravía ou polo carril de circulación.

A senda executarase en formigón coloreado cunha sección transversal de 3 metros de largo medio, destinada ao itinerario compartido, 0,5 metros de zona verde (naqueles treitos onde o espazo dispoñible o permita) enmarcada entre bordos de 22 cm de largo.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións (necesarias para garantir a funcionalidade da senda executada):

– Mellora da rede da drenaxe existente na zona coa prolongación das obras de drenaxe transversal.

– Execución dun prisma para futuras canalizacións eléctricas e de iluminación.

– Mellora da sinalización, balizamento e defensas e reposición de servizos.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43-1º-4º, 36071 Pontevedra), na Casa do Concello de Cambados (praza do Concello, 1, 36630 Cambados, Pontevedra) e na Casa do Concello de Ribadumia (avda. de Ribadumia, 3, 36636 Ribadumia, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase a disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na PO-300. Vilariño-Polígono do Salnés. p.q. 9+310-10+270.

Clave: PO/16/062.06.

Concello de Ribadumia.

Núm. orde

Referencia

catastral

Titular

Solo expropiado (m2)

Tipo solo

Uso

Cantidade

Ud

Ben afectado

1

36046A00800425

En investigación art. 47 Lei 33/2003

4,85

Rústico

Agrario

18,7

m

Muro de pedra

2

36046A00800423

Núñez Otero, Carlos

99,74

Rústico

Agrario

20

ud

Postes de cabeceira de viña pedra/form. c/vide

3

36046A00800422

Pérez Portas, Isabel

31,39

Rústico

Agrario

6

ud

Postes de cabeceira de viña pedra/form. c/vide

4

8280101NH1088S

Núñez Reboredo, Juan Carlos

444,81

Urbano

Solo sen edif.

Concello de Cambados.

Núm. orde

Referencia

catastral

Titular

Solo expropiado (m2)

Tipo solo

Uso

Cantidade

Ud

Ben afectado

1

36006A01100007

Concello de Cambados

306,12

Rústico

Agrario

36

ud

Postes de cabeceira de viña pedra/form. c/vide