Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo non suxeito a regulación harmonizada, relativo ao servizo de apoio técnico para o control das subvencións ás entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, tramitación anticipada por procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 18 de xaneiro de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de apoio técnico para o control das subvencións ás entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 80.000,00 €.

IVE (21 %): 16.800,00 €.

Importe total, IVE incluído: 96.800,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de marzo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 19 de abril de 2017.

c) Adxudicataria: Eptisa, Servicios de Ingeniería, S.L.

d) Importe de adxudicación: 64.614,00 €.

Importe sen IVE: 53.400,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia