Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21954

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (709/2015).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente edicto, anuncio que no presente procedemento de xuízo verbal número 709/2015, seguido por instancia de Transportes y Excavaciones Santas Fernández, S.L., representada pola procuradora María de los Ángeles Sousa Rial, fronte a Concal, S.L., e Arturo Fernández Ferreiro se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal seguido ante este xulgado baixo o número 709 do ano 2015, por instancia da procuradora Sousa Rial en nome e representación de Transportes y Excavaciones Santas Fernández, S.L. asistida da letrada Rivo Iglesias e como demandados Concal, S.L. e Arturo Fernández Ferreiro, ambos os dous en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Resolvo:

Considerar a demanda interposta pola procuradora Sousa Rial en nome e representación de Transportes y Excavaciones Santas Fernández, S.L. asistida da letrada Rivo Iglesias e, como demandados, Concal, S.L. e Arturo Fernández Ferreiro, ambos os dous en situación de rebeldía procesual, e condeno os demandados a aboar solidariamente á parte demandante a cantidade de 5.304,01 euros máis os xuros, segundo o disposto no fundamento xurídico terceiro in fine e costas procesuais.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, encontrándose os devanditos demandados, Concal, S.L. e Arturo Fernández Ferreiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este, con indicación de que esta non é firme e contra ela cabe recurso de apelación.

Ourense, 31 de xaneiro de 2017

O letrado da Administración de xustiza