Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21952

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4949/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4949/2016

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 811/2013. Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrente: Fogasa

Avogado/a: Fogasa

Recorridos: María Belén Salgado Montoto, IML Grupo Indega, S.L.

Avogada: Cristina Taibo López

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4949/2016 seguido por instancia do Fogasa contra María Belén Salgado Montoto, IML Grupo Indega, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto polo Fondo de Garantía Salarial, en xuízo instado por María Belén Salgado Montoto, contra IML Grupo Indega S.L. e a recorrente, a sala revógaa e, apreciando a excepción de cousa xulgada, desestima a demanda e absolve desta as demandadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a IML Grupo Indega, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza