Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21950

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4372/2016).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 4372/2016 IP

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 32/2016 Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente: Aurelio Prada Fernández

Avogada: Noelia Fernández Paradelo

Procuradora: María Gónzalez Nespereira

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pizarras Los Tres Cuñados, S.A., Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151, Mutua MC Mutual

Avogado/a: Servizo Xurídico Seguridade Social, Servizo Xurídico Seguridade Social, María del Pilar García-Puertas Taboada, Guillermo Amigo Estrada, Wilson Domingo Jones Romero, Guillermo Amigo Estrada

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4372/2016 desta sección, seguido por instancia de Aurelio Prada Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pizarras Los Tres Cuñados, S.A., Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social número 151, Mutua MC Mutual, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Ángel Alonso Rodríguez, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo e Enfermidades Profesionais nº 61, Cantera Pedriña, S.L., Pizarras Carballal, S.A., Francisco Rodríguez Arias, Baños y Materiales, S.A., Cufica, S.A., sobre accidente, ditouse a seguinte resolución:

«Fallamos.

Desestimamos o recurso de suplicación formulado pola representación procesual de Aurelio Prada Fernández, contra a sentenza do 20 de maio de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, no procedemento 32/2016, sobre enfermidade profesional, seguido á súa instancia contra o INSS, a TGSS e outros, confirmando a expresada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste Tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras Carballal, S.A, Francisco Rodríguez Arias, Ángel Alonso Rodríguez na actualidade en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza