Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19419

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4363/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4363/2016

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 361/2016. Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Antonio Graña Garrido

Avogado: José Ramón de Dios de Dios

Procuradora: Ana María González-Moro Méndez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Maz, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la S.S. nº 11, Constandre, S.L.

Avogado/a: servizo xurídico da Seguridade Social, María Paloma Tombilla Manzanedo

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4363/2016 desta sección, seguido por instancia de Antonio Graña Garrido contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Maz, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la S.S. nº 11 e Constandre S.L., sobre incapacidade temporal, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto por Antonio Graña Garrido contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense do 15 de xullo de 2016 e con revogación parcial da súa resolución condenamos a empresa demandada Constandre, S.L. a aboar ao demandante a suma de 2.426,86 euros nos termos que se sinala a sentenza de instancia, declarando a obriga da Mutua Maz a anticipar ao demandante o devandito pagamento, sen prexuízo do seu dereito de repetir contra a empresa condenada por incumprimento empresarial, e coa responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS para o caso de insolvencia da mutua.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Constander, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de abril de 2017

A secretaria xudicial