Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19421

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (185/2014).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 185/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jennifer Bermúdez Fernández contra Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación (Fundefo) e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte do 17 de febreiro de 2017 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días; fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación (Fundefo, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza