Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19177

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (485/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 485/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Miguel Gómez Estalote contra Eulen, S.A., Cobra Servicios Auxiliares, S.A., Montajes e Ingeniería Arce, S.L., Incatema, S.L., Meijide y Failde, S.L., Comisión Negociadora Cobra Servicios Auxiliares, Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Desestimo a demanda formulada por Luis Miguel Gómez Estalote contra a entidade Cobra Servicios Auxiliares, S.A., e contra a entidade Incatema Servicios, S.L., en consecuencia, declaro a procedencia do despedimento efectuado, correspondéndolle a Luis Miguel Gómez Estalote a cantidade de 5.227,65 euros en concepto de indemnización por extinción por causas obxectivas procedente.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Para que sirva de notificación en legal forma a Montajes e Ingeniería Arce, S.L., en ignorado paradoiro, expido el presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza