Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19178

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (870/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 870/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Florindo Antonio Iglesias Pedrosa contra Panadería Kuralay, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2017.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada-xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 870/2016 sobre despedimento, seguidos por instancia de Florindo Antonio Iglesias Pedrosa, asistido pola letrada Sra. Rocío Rodríguez Enríquez, contra a empresa Kuralay, S.L.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Florindo Antonio Iglesias Pedrosa contra a empresa Kuralay, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 30 de outubro de 2016 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 39,45 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 3.037,61 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Panadería Kuralay, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza