Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19172

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (304/2016).

Procedemento ordinario 304/2016

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Josefa Patricia Rueda Morales

Avogado: Julio César Portela Torrón

Demandados: Armental Hostelería, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 304/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Patricia Rueda Morales contra Armental Hostelería, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade por procedemento ordinario, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Josefa Patricia Rueda Morales, contra a entidade Armental Hostelería, S.L.U., debo condenar e condeno a entidade Armental Hostelería, S.L.U., a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.188,96 € brutos por salarios devindicados entre novembro de 2015 e o 13 de xaneiro de 2016, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial».

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Armental Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza