Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19173

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolución (ETX 146/2013).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 146/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Jorge Tomé Costa contra a empresa Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L., sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di:

«Acordo:

a) Declarar a executada Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. en situación de insolvencia polo importe de 7.896,36 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens da executada.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza