Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (106/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 106/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Mirón Iglesias contra Lineanorte Multiservicios, S.L., se ditaron as seguintes resolucións:

«Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante, José Manuel Mirón Iglesias, contra Lineanorte Multiservicios, S.L., parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social, e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará a data para a vista do incidente».

«Unha vez presentado o escrito polo traballador José Manuel Mirón Iglesias, no cal exixe o cumprimento por parte do empresario Lineanorte Multiservicios, S.L. da obriga de readmisión, e téndose despachado o Auto de execución con data do 3 de abril de 2017, de conformidade co artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, para o cal serve de citación en forma a notificación da presente resolución, e fixo o vindeiro día 24 de abril de 2017, ás 13.45 horas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, terase por desistido na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos».

Para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza