Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19166

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (588/2015).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente edicto anuncio que no procedemento seguido por instancia de Dora del Socorro Pérez Espinal fronte a Nohora Fernández León ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 59.

Vigo, 3 de febreiro de 2017

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 588/2015, sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Dora del Socorro Pérez Espinal, representada pola procuradora dos tribunais Marta Barreiro Carrillo e con asistencia letrada de Mercedes Padilla Lorenzo, contra Nohora Fernández León, declarada en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Barreiro Carrillo, en nome e representación de Dora del Socorro Pérez Espinal, contra Nohora Fernández León, declarada en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interpoñerá, se é o caso, ante este xulgado no prazo de vinte días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a dita demandada, Nohora Fernández León, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 3 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza