Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19165

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (62/2016).

Nos autos de referencia ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza número 59/2017.

Vigo, 17 de marzo de 2017.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 62/2016 se seguen por instancia de María Josefa Ramona Teresa Comesaña de Paradella, que compareceu representada pola procuradora María Jesús Toucedo Guisande e dirixida pola letrada María del Carmen Fernández Vales, contra Diego Martín Montaño Beretta, que foi declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de rendas dun contrato de alugamento de vivenda.

Resolución:

Estimo totalmente a demanda interposta por María Josefa Ramona Teresa Comesaña de Paradella contra Diego Martín Montaño Beretta, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Diego Martín Montaño Beretta a aboarlle a María Josefa Ramona Teresa Comesaña de Paradella a cantidade de 1.140 euros.

2º. Condeno a Diego Martín Montaño Beretta a pagar as custas do presente proceso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que é firme e que contra ela non cabe formular recurso ningún.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Diego Martín Montaño Beretta expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 21 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza