Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19164

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (465/2016).

No procedemento de referencia ditouse sentenza o 24 de xaneiro de 2017 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2017.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal número 465/2016, seguidos por instancia de Hostal San Lázaro, S.L., representado pola procuradora Sra. Vieites León, baixo a asistencia letrada da Sra. Romero Silva, contra Código y Señal, S.L., emprazada por edictos e en situación de rebeldía procesual.

Resolución.

Estímase a demanda presentada pola procuradora Sra. Vieites León, en nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase a demandada Código y Señal, S.L. a pagar á demandante a cantidade de cinco mil cento setenta e tres euros e dezanove céntimos (5.173,19 euros) máis os xuros de demora establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, que se devindicarán ata o seu efectivo pagamento, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 euros, o que deberá ser acreditado no momento da presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Código y Señal, S.L., expídese a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza