Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19162

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (14/2013).

Execución de títulos xudiciais 14/2013

Procedemento orixe: xuízo verbal 65/2011

Eu, María José Núñez Abeledo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, polo presente anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Caixarenting, S.A. fronte a Francisco Javier Barros Valle e Seguridad Activa contra Incendios ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Antecedentes de feito.

Primeiro. O procurador do demandante interpuxo demanda de xuízo verbal contra Francisco Javier Barros Valle e Seguridad Activa contra Incendios, en reclamación de 3.045,57 euros, admitida a trámite a demanda polo decreto de 25 de febreiro de 2011, acordouse a citación das partes e a celebración da vista o día 5 de maio de 2011 ás 11.00 horas.

Segundo. Citadas as partes para a vista cos apercibimentos legais, celebrouse esta co resultado que figura unido ás actuacións.

Terceiro. Nas presentes actuacións observáronse todos os trámites procedementais establecidos na lei.

Resolución.

Estímase a demanda interposta polo procurador José Carlos Lagüela Andrade, en nome e representación de Caixarenting, S.A., contra a mercantil Seguridad Activa contra Incendios, S.L. e Francisco Javier Barros Valle, en situación procesual de rebeldía.

Resólvese o contrato de arrendamento de maquinaria número 6800.72.0043940-95 e condénanse as demandadas a aboar de forma solidaria á parte demandante as seguintes cantidades:

1º. Tres mil corenta e cinco euros con cincuenta e sete céntimos de euro (3.045,57 euros).

2º. Os xuros de demora que se devindiquen ata o completo pagamento da débeda, calculados ao 20,5 %.

3º. As custas xeradas no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado no prazo dos cinco días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

O maxistrado xuíz. A secretaria».

E encontrándose a demandada, Seguridad Activa contra Incendios, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lugo, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial