Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19160

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 4094/2016 MCR).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 4094/2016 MCR

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 747/2015 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña, José Ramón Romero Fajardo

Avogado: Roxelio Fernández Portela

Recorridos: Pesquerías León Marco, S.A., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogado: Luis Esteban Leyenda Martínez

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4094/2016 MCR desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña, José Ramón Romero Fajardo contra Pesquerías León Marco, S.A., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo sobre accidente, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«1º. Estimamos os recursos de suplicación interpostos polo INSS, a TXSS e José Ramón Romero Fajardo contra a sentenza do 8 de xuño de 2016 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, ditada nos autos nº 747/15 seguidos por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo. Todo iso revogando a sentenza de instancia e desestimando a demanda no seu día presentada.

2º. Sen condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións” ou “concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pesquerías León Marco, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza