Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2017 Páx. 19168

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 12 de Vigo

EDICTO (758/2016).

Antonio Rodríguez Diéguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 12 de Vigo, no presente procedemento de divorcio contencioso número 758/2016, seguido por instancia de María José Castello Sotelo fronte a Anas El Khallouki, anuncio que se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución:

Estimo a demanda formulada por María José Castelló Sotelo contra Anas El Khallouki, e declaro disolto o seu matrimonio por divorcio con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración. Todo iso sen imposición de custas.

Comuníquese esta sentenza, unha vez que sexa firme, ás oficinas do rexistro civil en que conste a inscrición do matrimonio das partes intervenientes no proceso.

Contra esta sentenza, cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así por esta a miña sentenza, acórdoo, mándoo e asínoo, Daniel Tomás López, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 12 de Vigo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Anas El Khallouki, expídese o presente edicto, por solicitude da parte demandante, para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 3 de abril de 2017

O letrado da Administración de xustiza