Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19027

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1527/2014).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia do Ministerio Fiscal fronte a Rosalía Martínez Orge ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 118.

En Vigo o dous de marzo de dous mil dezasete.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1527/2014 sobre xuízo ordinario sobre privación da patria potestade, en que actúa como demandante o Ministerio Fiscal contra Rosalía Martínez Orge, declarada en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución:

Na demanda interposta polo Ministerio Fiscal contra Rosalía Martínez Orge, como demandada, declarada en situación de rebeldía procesual, estimo esta na súa integridade e decreto a privación total da patria potestade de Rosalía Martínez Orge respecto da súa filla Nagore Ferreira Martínez.

Noméanse titores da menor Nagore Ferreira Martínez a Juan Benítez Gaspar e a Isolina Vázquez Varela.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao rexistro civil onde consta a inscrición de nacemento da menor para os efectos da súa anotación marxinal, deixando constancia diso en autos e fórmese expediente de xurisdición voluntaria para a toma de posesión dos titores e control e seguimento da tutela.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se deducirá testemuño para a súa constancia en autos, pronúnciao, mándao e asínao.

Vigo, 30 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza