Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19025

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (658/2016).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza número 39/2017.

Xuízo verbal número 658/2016.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Unión Financiera Asturiana, S.A. Establecimiento Financiero de Crédito.

Avogado: Sr. Prieto Valiente.

Procurador: Sr. García Piccoli Atanes.

Demandada: María de los Milagros Silva Maruja (en rebeldía).

Obxecto: reclamación de cantidade.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017.

Resolución:

Estimo substancialmente a demanda presentada por Unión Financiera Asturiana, S.A. contra María de los Milagros Silva Maruja e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 1.089 euros sen outros xuros que os derivados do artigo 576 da LAC desde a data da presente sentenza. Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que é firme e que contra ela non poderá interpoñerse recurso de apelación, ao tratarse de xuízo verbal por razón da contía inferior a 3.000 euros.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de María de los Milagros Silva Maruja, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza