Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19029

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (45/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 45/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Prado Salgueiro contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre ordinario, ditouse a resolución en que se acorda:

«Despachar orde xeral de execución de sentenza ditada con data do 26 de xaneiro de 2017 no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número de autos 321/2016 a favor da parte executante, Diego Prado Salgueiro, fronte a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., parte executada, por importe de 3.451 euros de principal (correspondendo 3.138 euros de principal e 313 euros de xuros de mora procesual do 105) e de 300 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza