Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19030

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (345/2014).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento 345/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Javier Gende García contra a empresa Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., FIATC Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija, Darío Fernández Fernández, Plus Ultra Seguros Generales y Vida, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros, Gruinsa Grúas Industriales de Salamanca, S.A., Inizia Ingeniería de Prevención y Medio Ambiente, S.L., administrador concursal Carlos Álvarez Fernández, Mantenimientos Industriales Palacian-Ara, S.L. (Mipar, S.L.), Grupo Ingemetal Ingeniería y Construcciones Metálicas, S.A., Markel International Insurance Company, ditouse auto de aclaración o 30.11.2016 cuxa parte dispositiva é a que segue:

«Procédese a efectuar as seguintes aclaracións e complemento da sentenza ditada nos autos seguidos co número 345/2014, o 30 de xuño de 2016, no sentido seguinte:

1) No fundamento de dereito segundo, onde di: “polo que tal excepción debe ser desestimada”, debe dicir: “polo que tal excepción debe ser estimada”.

2) No fundamento de dereito quinto da sentenza e como parágrafo final deste engádese: “E, en concreto, a codemandada Markel Internacional Insurance Company Limited, responderá dentro dos límites da póliza contratada que establece unha franquía de 9.000 euros a cargo da asegurada e tamén codemandada, Inizia, Ingeniería de Prevención y Medio Ambiente, S.L.“

3) A resolución da sentenza, antes da información sobre o recurso procedente, queda redactada nos seguintes termos: “Que estimo parcialmente a demanda interposta por Ángel Javier Gende García fronte á empresa Govisa, Ingeniería y Montajes, S.L., FIATC Mutua de Seguros y Reaseguros, Inizia, Ingeniería de Prevención y Medio Ambiente, S.L., Markel Internacional Insurance Company Limited, Plus Ultra Seguros Generales y Vida, S.A., Grupo Ingemetal, Ingeniería y Construcciones Metálicas, S.A., Gruinsa, Grúas Industriales de Salamanca, S.A., Mantenimientos Industriales Palacin-Ara, S.L., (Mipar, S.L.), con intervención da administración concursal de Govisa, S.L. e de Gruinsa, S.A., e condeno as demandadas, a excepción das que se indicarán a continuación, a que aboen ao demandante, de forma solidaria, a cantidade de 83.939,73 euros.

Absolvo a Mantenimientos Industriales Palacin-Ara, S.L., (Mipar, S.L.) e a Plus Ultra Seguros Generales y Vida, S.A., da pretensión deducida fronte a elas.

Impóñense os xuros previstos no artigo 20 da LCS».

Quedan inalterados os demais termos da resolución.

Incorpórese esta resolución ao libro que corresponda e lévese testemuño aos autos principais.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Para que sirva de notificación en legal forma a Mipar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 31 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza