Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 18933

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 21 de abril de 2017 sobre avocación de competencias delegadas na persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e a súa delegación na persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

A actividade administrativa da Consellería de Política Social comporta unha concentración de funcións ao redor do seu titular que aconsella recorrer á delegación de competencias nos distintos órganos de dirección, sen esquecer o debido respecto aos principios que informan a actividade administrativa e que a nosa Constitución recolle no seu artigo 103.1.

A delegación de competencias permite a axilización administrativa necesaria que redunda en beneficio tanto da Administración coma dos administrados, dentro do máis rigoroso respecto das garantías xurídicas que a tutela dos intereses públicos exixe.

Unha vez publicado o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, a través da Orde do 3 de marzo de 2016, sobre delegación de competencias nos órganos de dirección e nos/nas xefes/as das xefaturas territoriais desta consellería, estableceuse a relación de atribucións delegadas.

Sen prexuízo do réxime de suplencia que se fixa no Decreto 176/2015, do 3 de decembro, a existencia dun período prolongado de ausencia da persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, fai recomendable avocar as competencias delegadas na dita dirección xeral e delegar as competencias na persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, tendo en conta os beneficios que para unha organización eficiente para a tramitación administrativa supón a proximidade entre as dúas direccións xerais.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 38, 43.3 e 44 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia; o artigo 72.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o artigo 9 e 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, o artigo 6 de Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, e demais disposicións de xeral aplicación,

RESOLVO:

Artigo 1. Avocación de competencias delegadas na Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Avócanse as seguintes competencias delegadas na persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade:

a) As funcións que como órgano de contratación lle son atribuídas á persoa titular da consellería pola lexislación vixente nos expedientes tramitados con cargo aos capítulos II e VI do orzamento de gastos, no ámbito do seu órgano directivo, que teñan o carácter de contrato menor de acordo co Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, así como autorizar, dispoñer, recoñecer obrigas e propoñer os pagamentos que corresponden aos citados expedientes.

b) Resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polos seus beneficiarios, respecto das resolucións concesorias de que traen causa, ditadas por delegación do/a conselleiro/a.

c) A resolución dos recursos administrativos nas áreas das súas atribucións e que correspondan á persoa titular da consellería cando a delegación non estea prohibida expresamente.

d) A resolución dos recursos potestativos de reposición que se interpoñan contra os actos administrativos ditados no exercicio das facultades delegadas.

Artigo 2. Delegación de competencias na persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

1. Deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica as competencias seguintes cando por razón da materia referida a persoas maiores, persoas dependentes e persoas con discapacidade corresponderan á persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade:

a) As funcións que como órgano de contratación lle son atribuídas á persoa titular da consellería pola lexislación vixente nos expedientes tramitados con cargo aos capítulos II e VI do orzamento de gastos, no ámbito do seu órgano directivo, que teñan o carácter de contrato menor de acordo co Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, así como autorizar, dispoñer, recoñecer obrigas e propoñer os pagamentos que corresponden aos citados expedientes.

b) Resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polos seus beneficiarios, respecto das resolucións concesorias de que traen causa, ditadas por delegación do/a conselleiro/a.

c) A resolución dos recursos administrativos nas áreas das súas atribucións e que lle correspondan á persoa titular da consellería cando a delegación non estea prohibida expresamente.

d) A resolución dos recursos potestativos de reposición que se interpoñan contra os actos administrativos ditados no exercicio das facultades delegadas.

Artigo 3. Réxime xurídico da delegación de competencias

1. As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta orde farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse ditadas polo órgano que as conferiu.

2. En calquera momento, o/a conselleiro/a poderá avocar o exercicio das competencias que son delegadas por esta orde.

En todo caso, quedan excluídos das delegacións contidas nesta orde os supostos previstos no artigo 9.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, no artigo 6 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 44.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

Disposición adicional primeira. Axudas e subvencións públicas

Será de aplicación o réxime da delegación previsto nas correspondentes ordes de aprobación de bases e convocatoria de axudas e subvencións.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social