Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente de reparcelamento por cooperación do polígono UU-R13.

Mediante a Resolución da Alcaldía 410/2014, do 26 de novembro de 2014, iniciouse expediente para a aprobación do proxecto de equidistribución para a execución da urbanización do polígono de execución UUR13.

O que se publica para o seu coñecemento e efectos, de conformidade co artigo 267 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, advertíndose que se trata dun acto de trámite e que como tal non procede a interposición de recursos contra el.

Non obstante, contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa o indirectamente, o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade e anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpoñer recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

O que se comunica para os efectos oportunos.

Abegondo, 20 de marzo de 2017

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde