Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18698

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilariño de Conso

ANUNCIO de licitación do servizo de axuda no fogar.

Por medio deste anuncio realízase convocatoria do procedemento aberto, atendendo a oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación e tramitación ordinaria, para a adxudicación do contrato do servizo de axuda no fogar (SAF básico e dependencia).

1. No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexerán a contratación.

2. Entidade adxudicadora: Concello de Vilariño de Conso.

3. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

4. Obtención de información: no perfil do contratante do concello (www.vilarinodeconso.es) e nas propias dependencias municipais.

5. Denominación: contrato do servizo de axuda no fogar (SAF básico e dependencia).

6. Tipo de contrato: servizo.

7. Procedemento: aberto.

8. Tramitación: ordinaria.

9. Orzamento/valor estimado:

O prezo máximo de licitación é de:

– Modalidade de dependencia: 12,02 €/hora + 4 % IVE = 12,50 €.

– Modalidade de libre concorrencia: 11,36 €/hora + 10 % IVE= 12,50 €.

Horas estimadas ao ano:

– Modalidade de dependencia: 2.252 horas/ano.

– Modalidade de libre concorrencia: 739 horas/ano.

– Total: 2.991 horas previstas.

Valor estimado anual:

– Modalidade de dependencia: 27.069,04 + 4 % IVE (1.082,76)= 28.151,80 €.

– Modalidade de libre concorrencia: 8.395,04 + 10 %IVE (839,50) = 9.234,54 €.

– Totais: 35.464,08 + 1.922,26 = 37.386,34 €.

10. Duración: un (1) ano, prorrogable un (1) ano.

11. Prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaránse en horario de atención ao público, dentro do prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

12. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vilariño de Conso (rúa do Museo, 3, de Vilariño de Conso) ou por correo, segundo o previsto no prego.

A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto nos pregos de claúsulas administrativas, que estarán publicadas no perfil do contratante do Concello de Vilariño de Conso, no cal consta a documentación precisa e demais datos necesarios para a licitación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición, ante o órgano de contratación do concello, no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Vilariño de Conso, 27 de marzo de 2017

Ventura Sierra Vázquez
Alcalde