Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do planeamento de ordenación urbanística.

A modificación do plan xeral deste municipio nos termos que constan no expediente foi aprobado inicialmente mediante Acordo do Pleno, do 16 de marzo de 2017, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello sede.abegondo.es

Durante este prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

O ámbito de suspensión de licenzas será o mesmo que o ámbito da actuación, 1.698 m2 que se corresponden coa parte da parcela 9087703NH5898N0001TA clasificada como solo urbano consolidado.

A duración da suspensión é dun ano.

O que se comunica para os efectos oportunos.

Abegondo, 20 de marzo de 2017

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde