Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO do Plan especial de reforma interior do solo urbano non consolidado UU-R13.

O Plan especial de reforma interior do solo urbano non consolidado UU-R13 que afecta o ámbito da delimitación do solo urbano non consolidado denominado UU-R13 do concello de Abegondo foi aprobado mediante a Resolución da Alcaldía 84/2017, do 16 de marzo de 2017, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, e sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello sede.abegondo.es

Durante este prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

A suspensión de licenzas de acordo co artigo 47 da LSG correspóndese co mesmo ámbito da delimitación do solo urbano non consolidado denominado UU-R13, cunha superficie, segundo levantamento topográfico, de 13.865,19 m2.

O que se comunica para os efectos oportunos.

Abegondo, 20 de marzo de 2017

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde