Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Campo Lameiro e Cotobade (expediente IN407A 2016/579-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTA-LMTS entre LMT SJG801 e CT polígono Campo Lameiro.

Situación: Campo Lameiro e Cotobade.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 1.037 de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-1000/13 da LMTA SJG801 (Ponte Bora 1) e final no apoio proxectado C-4500/14, no cal se fai un paso aerosubterráneo. Desde este a liña continúa subterránea con condutor RHZ 697 metros, finalizando no centro de transformación existente polígono Campo Lameiro (36CPY4). A instalación está situada nas parroquias de Viascón (Cotobade) e Fragas (Campo Lameiro).

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 18 de novembro de 2016, no BOP do 22 de novembro de 2016, no xornal Faro de Vigo do 5 de decembro de 2016, nos BOE do 14 de novembro de 2016 e do 31 de xaneiro de 2017, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria.

Durante o mencionado trámite, Teresa Quinteiro, Carmen Rodríguez López e Luis García Alonso presentaron escritos de alegacións relativos á titularidade de predios. Estas alegacións foron tidas en conta pola empresa peticionaria, que correxiu a relación de bens e dereitos afectados.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 del Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 22 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra