Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.
Denominación: LMTS, novo CT Cantiño e modificación da RBT existente.
Situación: concello de Burela.
Características técnicas:
1. LMTS a 20 kV con orixe no apoio 29 da LMT Burela, entra e sae no CT Cantiño (proxectado) e remata no apoio 29 da LMT Burela e CT Areoura (1315), cunha lonxitude de 110 metros en condutor tipo 2×(RHZ 12/20 kV 3×1×240 mm2).
2. CT Cantiño en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 2×630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.
3. RBTS con orixe no CT Cantiño formada por nove circuítos cunha lonxitude de 790 metros de condutor novo e 145 metros de condutor recuperado en obra tipo RV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 22 de marzo de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo