Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2016/614-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS TRO716 e centro de transformación (CT) Padín 1.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 en tres tramos:

35 metros; orixe: punto de acceso nº 1 existente, entroncando coa LMTS TRO716; final: CT proxectado Padín 1.

49 metros; orixe: CT proxectado Padín 1; final: paso aerosubterráneo en apoio existente da LMT ao CT peaxe Teis.

161 metros; orixe: CT proxectado Padín 1; final: punto de acceso proxectado nº 5, entroncando coa LMTS ao CS Párroco Serafín.

Centro de transformación Padín 1, de 630 kVA con RT 15 kV/400-230 V, situado na rúa Párroco don Serafín, Padín, Teis, Vigo.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 27 de decembro de 2016, no BOP do 26 de decembro, no xornal Faro de Vigo do 23 de decembro e no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo.

Durante o mencionado trámite Carlos Tizón Collazo, titular do predio nº 1, afectado pola instalación, remite un escrito a esta xefatura territorial en que indica que, para poder alegar, necesita coñecer os documentos que integran o expediente. A este respecto, esta xefatura territorial comunicoulle a Carlos Tizón Collazo, mediante escrito, recibido polo interesado o 20 de xaneiro de 2016, que podía consultar o expediente na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra para indicar de que documentos desexa copia. A data de hoxe, Carlos Tizón non se presentou nesta xefatura nin presentou ningún tipo de alegación.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 23 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra