Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17469

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 11 de abril de 2017 pola que se determinan os servizos mínimos no Centro de Atención ás Emerxencias 112 durante a folga indefinida convocada, que se iniciará o día 15 de abril de 2017 e que afectará a empresa Telemark Spain, S.L.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño).

A organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou unha folga indefinida que afectará todas as quendas do servizo e todos os/as traballadores/as da empresa Telemark Spain, S.L. que prestan servizo na central de emerxencias 112. A folga iniciarase o día 15 de abril de 2017 a partir das 7.50 horas.

O exercicio público das funcións en materia de atención ás emerxencias non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, polo seu carácter de servizo esencial e o tipo de atención especializada que se presta aos cidadáns en relación coa eventualidade de emerxencias que, por definición, son imprevisibles no seu desenvolvemento e efectos, tal e como se sinalou na Sentenza 1397/2012, do 19 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación coa xornada de folga do 29 de marzo de 2012.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura no servizo de atención de chamadas de emerxencias para evitar que se produzan graves prexuízos irreparables aos cidadáns, que poden afectar a vida das persoas, e tendo en conta que poden ocorrer accidentes e darse situacións de urxencia de difícil resolución se non están dispoñibles todos os recursos, dado que non se pode prever a demanda, polo que o número de traballadores e equipos operativos do Centro de Atención ás Emerxencias 112 debe manterse ao 100 %.

Cómpre destacar que, ao se tratar dunha folga de carácter indefinido, para a concreción dos servizos mínimos tívose en conta o diferente dimensionamento do cadro de persoal na época de verán e de inverno, así como o traslado desde o Centro de Atención ás Emerxencias (CAE 112 Galicia), situado no edificio de Servizos Múltiples en San Marcos (Santiago de Compostela), ao novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias sito no concello da Estrada (CIAE 112 Galicia), que terá lugar do dia 18 ao 19 de abril, segundo o establecido no Plan de continxencia para o traslado ao novo CIAE 112 Galicia, o que supón que nesas datas deberán prestarse os servizos en ambos os dous centros ao 100 % co fin de que o servizo de atención ás emerxencias non quede desasistido durante o traslado.

Así pois, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais, que se concretan nesta orde.

O artigo 3 do Decreto155/1988, do 9 de xuño, faculta os conselleiros ou conselleiras competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación; por todo iso, e logo de oír o comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

1. A convocatoria de folga indefinida efectuada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), que se iniciará o día 15 de abril de 2017 a partir das 7.50 horas e afectará a empresa Telemark Spain, S.L., deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se establecen na presente orde.

Polas características do servizo dispensado no Centro de Atención ás Emerxencias (CAE 112 Galicia), así como pola eventualidade de emerxencias que, por definición, son imprevisibles no seu desenvolvemento e efectos, resulta imprescindible a prestación de servizos no dito centro do 100 % do persoal habitual durante a duración da folga, pois a carga de traballo ao longo de toda a xornada depende dun número de chamadas que non son programables, e calcúlase periodicamente para dar cobertura ás necesidades estimadas en materia de urxencia e emerxencias, que en ningún caso poden quedar desasistidas. Noutro caso poderían producirse graves prexuízos á cidadanía. Xa que logo, se establecen os servizos mínimos que se concretan nos parágrafos seguintes deste artigo.

2. Desde as 8.00 horas do 15 de abril de 2017 ás 22.00 horas do 18 de abril de 2017 no CAE 112 Galicia (Edificio Servizos Múltiples de San Marcos):

De luns a venres:

– Quenda de mañá: 7 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadore/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 8 persoas de estrutura e 1 localizado/a; 3 técnicos informáticos e 1 localizado/a.

– Quenda de tarde: 9 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 2 persoas de estrutura e 1 localizada; 1 técnico informático e 1 localizado/a.

– Quenda de noite: 6 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 1 operador/a de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura localizada; 1 técnico informático localizado/a.

Sábado e domingo:

– Quenda de mañá: 7 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura localizada; 1 técnico informático localizado/a.

– Quenda de tarde: 9 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura localizada; 1 técnico informático localizado/a.

– Quenda de noite: 6 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 1 operador/a de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura localizada; 1 técnico informático localizado/a.

3. Desde as 22.00 horas do 18 de abril de 2017 e ata ás 15.00 horas do 19 de abril de 2017, para o Centro de Atención ás Emerxencias (CAE 112 Galicia) situado en San Marcos (Santiago de Compostela) e o novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias sito no concello da Estrada (CIAE 112 Galicia), comprensivo do período establecido no Plan de continxencias do traslado ao novo CIAE 112 Galicia:

No CAE 112 Galicia (Edificio Servizos múltiples San Marcos).

Día 18 de abril:

– Quenda de noite: 6 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 1 operador/a de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura e 1 localizada; 1 técnico informático e 1 localizado/a.

Día 19 de abril:

– Quenda de mañá: 4 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 1 operador/a de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura e 1 localizada; 1 técnico informático e 1 localizado/a.

No CIAE 112 Galicia (Edificio Agasp, no concello da Estrada).

Día 18 de abril:

– Quenda de noite: 6 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 1 operador/a de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 2 persoas de estrutura e 1 localizada; 1 técnico informático e 1 localizado/a.

Día 19 de abril:

– Quenda de mañá: 7 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 6 persoas de estrutura e 1 localizada; 2 técnicos informáticos e 1 localizado/a.

4. Desde as 15.00 horas do 19 de abril de 2017 ata ás 22.00 horas do 14 de xuño de 2017 no CIAE 112 Galicia (Edificio Agasp, no concello da Estrada):

De luns a venres:

– Quenda de mañá: 7 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 8 persoas de estrutura e 1 localizada; 3 técnicos informáticos e 1 localizado/a.

– Quenda de tarde: 9 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 2 persoas de estrutura e 1 localizada; 1 técnico informático e 1 localizado/a.

– Quenda de noite: 6 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 1 operador/a de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura localizada; 1 técnico informático localizado/a.

Sábado e domingo:

– Quenda de mañá: 7 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador /a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura localizada; 1 técnico informático localizado/a.

– Quenda de tarde: 9 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura localizada; 1 técnico informático localizado/a.

– Quenda de noite: 6 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 1 operador/a de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura localizada; 1 técnico informático localizado/a.

5. Durante a tempada de verán comprendida entre o 15 xuño de 2017 ata o 14 de setembro de 2017 no CIAE 112 Galicia (Edificio Agasp, no concello da Estrada):

De domingo a mércores:

– Quenda de mañá: 9 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 8 persoas de estrutura e 1 localizada (agás domingo, en que só haberá 1 localizada); 3 técnicos informáticos e 1 localizado/a (agás domingo, en que só haberá 1 localizado/a).

– Quenda de tarde: 12 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 2 persoas de estrutura e 1 localizada (agás domingo, en que só haberá 1 localizada); 1 técnico informático e 1 localizado/a (agás domingo, en que só haberá 1 localizado/a).

– Quenda de noite: 6 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 1 operador/a de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura localizada; 1 técnico informático localizado/a.

De xoves a sábado:

– Quenda de mañá: 9 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador /a e 1 localizado/a; 8 persoas de estrutura e 1 localizada (agás sábado, en que só haberá 1 localizada); 3 técnicos informáticos e 1 localizado/a (agás sábado, en que só haberá 1 localizado/a).

– Quenda de tarde: 12 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 2 operadores/as de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 2 persoas de estrutura e 1 localizada (agás sábado, en que só haberá 1 localizada); 1 técnico informático e 1 localizado/a (agás sábado, en que só haberá 1 localizado/a).

– Quenda de noite: 8 operadores/as de atención telefónica e 1 localizado/a; 1 operador/a de enlace e 1 localizado/a; 1 coordinador/a e 1 localizado/a; 1 persoa de estrutura localizada; 1 técnico informático localizado/a.

6. No caso de continuar a folga despois do 14 de setembro, aplicaranse os servizos establecidos para o número 4 deste artigo.

Artigo 2

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación suficiente. A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será realizada pola empresa e notificada ao persoal designado.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza