Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17342

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (3639/2016).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3639/2016

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 177/2016 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Akhtar Muhammad

Avogada: María José Vega Movilla

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Ashraf Shahbaz

Avogado/a: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, María Araceli Martínez Araújo

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3639/2016, seguido por instancia de Akhtar Muhammad contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61 e a empresa Ashraf Shahbaz, sobre xubilación, foi ditada a seguinte resolución:

«Desestimando o recurso de suplicación articulado por Akhtar Muhammad contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Vigo, do 23 de maio de 2016, nos autos número 177/2016, instados por aquel fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Fremap e a empresa Ashraf Shahbaz, confirmamos a resolución de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Ashraf Shahbaz, con último domicilio coñecido en r/ Pintor Luís Seoane, 266, 2º de Lugo e actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza