Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17341

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o procedemento para cambio de destino e reingresos a resultas deste por profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias que se van extinguir.

Por Orde do 17 de outubro de 2016 (DOG do 4 de novembro), anunciouse procedemento para cambio de destino e reingresos a resultas deste por profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias que se van extinguir.

Non existindo reclamacións nin renuncias á resolución provisional e de conformidade co establecido na base sétima da orde mencionada no parágrafo anterior, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Elevar a definitiva a Resolución do 20 de xaneiro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de febreiro, adxudicando destino definitivo a Francisco González Conde, NIF 34943755Q no IES As Lagoas, Ourense, código: 32009190.

Segundo. De conformidade co establecido na base sétima da Orde do 17 de outubro de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro), a toma de posesión dos novos destinos adxudicados, que se realizará no departamento territorial correspondente, terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2017, polo que o cesamento, no centro anterior, se expedirá con efectividade do 31 de agosto de 2017. Non obstante, os profesores que obtivesen destino neste concurso deberán permanecer nos seus centros de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.

Terceiro. Os profesores participantes neste concurso de traslados que presentasen documentación poderán retirala eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servizo de Profesorado de Ensino Secundario, Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Subdirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, desta consellería (San Caetano, Santiago de Compostela), durante o mes de outubro de 2017.

Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos