Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 16 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación do inicio do trámite de audiencia dun procedemento tramitado por esta xefatura (expediente 2016/50/27).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por ignorarse o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidera practicar, notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada, que se indica a continuación, no expediente administrativo instruído conforme ao disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase a disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do mencionado acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se terá por realizado o dito trámite.

Lugo, 16 de marzo de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2016/50/27.

Interesado: Álex Félix Yapur Quiroz.

Enderezo actual: descoñecido.

Acto administrativo que se notifica: acordo de inicio do trámite de audiencia do 14 de marzo de 2017.