Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de citación para recoñecemento no procedemento BS210A.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes, a citación para a valoración que se indica.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación dese anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sita na rúa Concepción Arenal, número 7, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, paralizarase o procedemento, de tal forma que, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar a tramitación, se producirá a caducidade do procedemento, se acordará o arquivamento das actuacións, logo de resolución ditada nos termos do artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que lles será notificada aos interesados.

A Coruña, 13 de marzo de 2017

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento: BS210A.

Número expediente

Apelidos e nome

DNI

Contido

do acto

Data do

documento

CO-51988

Teijido Olveira, David Manuel

54158389J

Citación

10.10.2016

CO-66071

Ferreira Rodríguez, Manuela

30917386G

Citación

1.2.2017

CO-37713

Navaza Díaz, Aldara por Díaz Puentes, Sonia

58003917X

Citación

18.8.2016

CO-SAAD12-

15/586789/2008-78

Carreira Vázquez, Juan José

46909071L

Citación

9.9.2016

FE-50188

Castro Lagares, José Ángel

32721483G

Citación

13.12.2016

CO-52760

Qiu, Yirui por Suhong Zhou

Y1781741Z

Citación

10.1.2017

CO-63688

Prats de Buen, Manuel

77095324Z

Citación

13.12.2016

CO-48734

Iglesias Nieto, Emilio por Nieto Paz, Silvia

49684380X

Citación

13.12.2016