Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de citación para recoñecemento no procedemento BS210A.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou os seus representantes, para seren notificadas da citación para a valoración que se indica.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de Valoración da Dependencia de Pontevedra, sitas na avenida de Vigo, número 16, baixo, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, paralizarase o procedemento, de tal forma que, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar a tramitación, se producirá a caducidade do procedemento, salvo causa de forma maior acreditada, e se acordará o arquivamento de actuacións, logo de resolución ditada nos termos do artigo 42 da citada Lei 30/1992, o cal lles será notificado aos interesados.

Vigo, 17 de marzo de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PO-0000051263

Rodríguez Silva, Antonio (76819667-N)

Citación BS210A

14.2.2017

PO-0000051774

Ferreira Villanueva, Marina (35230146-B)

Citación BS210A

17.6.2016

PO-0000052952

Reboredo González, María Delia (76794024-Z)

Citación BS210A

7.2.2017

PO-0000053438

Vázquez Souto, Luís (14396719-F)

Citación BS210A

4.11.2016

PO-0000055324

Filgueira Rodríguez, Francisco (35202602-K)

Citación BS210A

24.2.2017

PO-0000056341

Méndez Viéitez, María Teresa (76786595-Z)

Citación BS210A

10.2.2017