Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución da subvención do programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas dos expedientes TR349F 2016/6-1 e TR349F 2016/87-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución da subvención solicitada.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón do prazo de dous (2) meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña; rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 6 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: TR349F 2016/6-1.

Resolución de revogación.

Empresa: García García, Víctor Manuel.

NIF: 32705581H

Concello: Ferrol.

Materia: subvención á contratación indefinida inicial.

Data da resolución: 24 de novembro de 2016.

2. Expediente: TR349F 2016/87-1.

Resolución de desistencia.

Empresa: Dopico Lorenzo, María del Carmen.

NIF: 32691486E.

Concello: Narón.

Materia: subvención á contratación indefinida inicial.

Data da resolución: 16 de decembro de 2016.