Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución da subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil do expediente TR341J 2016/85-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficiencia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao interesado citado no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución da subvención solicitada.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón do prazo de dous (2) meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña; das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 6 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341J 2016/85-1.

Resolución de concesión.

Empresa: Rapado Fernández, Mirian.

NIF: 49915337R

Concello: Carral.

Materia: subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Data da resolución: 10 de xaneiro de 2017.