Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 29 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2015/0169-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia ao ter entrada, no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Vigo, ditada no procedemento número 142/2016, polo accidente laboral do traballador Mansour Fall.

Os documentos que constan no expediente son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación (2.7.2015).

– Copia da sentenza xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2015/0169-4.

Acta: I362015000055408.

Empresa: Southern Ocean, S.L.

NIF: B27727775.

Enderezo: r/ Regueiro, 8, 1º D, Vigo.

Vigo, 29 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra