Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16238

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (413/2013).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento se ditou a seguinte sentenza:

Sentenza número 615.

Vigo, 1 de decembro de 2016.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 413/2013, sobre modificación de medidas, por instancia de Purificación Martínez García, como demandante, representada polo procurador dos tribunais Manuel Castells López e baixo a asistencia letrada de Ana Martínez Gómez, contra Joaquín Fernández Picallo, como demandado, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Castells López, en nome e representación de Purificación Martínez García, contra Joaquín Fernández Picallo, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, estímoa parcialmente a, e realizo os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. Non procede o aumento da contía da pensión de alimentos que o Sr. Fernández Picallo debe aboar ás súas fillas, manténdose a establecida na sentenza de divorcio do 30 de setembro de 2008, ben que se debe entender debidamente actualizada.

Segundo. O Sr. Fernández Picallo poderá relacionarse coas súas fillas nos termos establecidos no fundamento de dereito terceiro desta resolución.

Non se fai unha especial condena en materia de custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así, por esta sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e para a súa notificación a Joaquín Fernández Picallo, en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 15 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza