Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16237

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (333/2011).

Procedemento ordinario 333/2011

Sobre sociedades mercantís e cooperativas

Demandante: Motocross La Estación, S.L.

Procuradora: Paula Lima Casas

Avogado: David Pérez Royo

Demandado: Santiago Castro Blanco

No presente procedemento seguido por instancia de Motocross La Estación, S.L. fronte a Santiago Castro Blanco ditouse a Sentenza 60/2013, do 3 de abril de 2013, que en extracto dispón:

Estimar integramente a demanda interposta por Motocross La Estación, S.L.

Condenar a Santiago Castro Blanco a satisfacer a Motocross La Estación S.L. a cantidade de 103.618,16 euros, máis xuros legais desde a interpretación xudicial e xuros de demora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento.

Impoñer expresamente a Santiago Castro Blanco as custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días, contados desde a publicación deste edicto, para o seu coñecemento e resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da LOPX.

E encontrándose o devandito demandado, Santiago Castro Blanco, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 22 de novembro de 2013

A secretaria xudicial