Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade de urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2016/187-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Título: LMT CII809 Domaio Signo.

Situación: Moaña.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 52 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 1, CH-2500-11P e final no apoio proxectado nº 2, HVH-4500-S13.

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 25 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado nº 2 e final no CT proxectado Domaio Signo.

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 382 metros de lonxitude, con orixe no CT proxectado e final no apoio proxectado nº 12 na LMT CII809 Latón 9.

Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Domaio, Moaña.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 18 de xullo de 2016, no BOP do 1 de agosto de 2016, no xornal Faro de Vigo do 28 de xullo de 2016, no BOE do 14 de outubro de 2016 e no taboleiro de anuncios do concello de Moaña. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economia e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54, do 19 de marzo, esta xefatura territorial, resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, de 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquer outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 13 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra